PRESENTACIÓN
Monroy
  ESTATUTOS
  ACTIVIDADES
  NOVAS
  LOCALIZACIÓN
  LIGAZÓNS
  CONTACTO
FERNANDO MONROY


Fernando Monroy Sobral (1944-2004) foi unha figura relevante na historia do movemento asociativo en Cesantes. Participou na fundación de numerosas asociacións, algunhas das cales perduran aínda. Baixo a súa influencia formouse toda unha xeración de persoas que contribuíron ó renacemento do movemento asociativo local, favorecendo o desenvolvemento cultural do pobo.

A súa experiencia coma promotor e organizador de actividades non se aplicou somentes ó eido cultural e deportivo, senón que se deixou notar tamén a nivel profesional no ámbito do cooperativismo. A súa traxectoria inclúe a fundación da Peña Sietemanos (1967), o C.F. Cesantes (1968), a U.D. Arenas de San Simón (1968), a asociación de veciños A Nosa Illa (1978), o Círculo Cultural Recreativo de Cesantes (1978) e a sociedade cooperativa Copernáutica (1995).

O Obradoiro de Estudos Locais leva o nome de Fernando Monroy en recoñecemento ó seu traballo de promoción do asociacionismo en Cesantes.